Non hai outra verba para catalogar o que pasa no Concello de Xunqueira. Si pensabamos que xa viramos de todo en estos mais de 30 anos que o Sr. Gavilanes é dono e señor de todo o que pasa en Xunqueira, cada día reafirmome mais na mala sorte que temos na nosa vila. E que si o queren facer peor non o conquiren…
Unha casa particular asulagada…ese foi o resultado das “chapuzas” mentres se realizaban unhas “obras” de canalización na beira dereita da estrada da Siota, a caron mesmo da Malpe. Obra que por certo nin está autorizada, nin legalizada, sen permiso de ningun tipo, sen proxecto…todo é pouco para que vexades o que se fai dende o Concello.
De madrugada espertaron os membros de unha familia que vive en ese zoa con auga ata os nocellos…mobles, aparatos electricos, utensilios…todo estragado pola forza da presión da auga da traida (lembremos que a traida é MUNICIPAL); e todo a pesares das advertencias dos propitarios sobre a forza da presion da auga que chegaba ata a sua casa e que non foi tida en conta en ningun intre polos “operarios” municipais. “Hai reductores” foi a resposta que lle deron…e pasou o que pasou claro: a casa asulagada.
E claro que hai reductores, eso sabemolo todos; pero o que non saben os “enterados” que traballan para o Concello é que o deber deste e o de dar a presión axeitada a todos os veciños para que non pasen estas cousas; e os reductores colocanse de tal xeito que toda a traida poda ser regulada con unha presion axeitada a todos os veciños.
Agora ninguen se da por aludido; ó final van ser os propios veciños os culpables de que a sua casa se asulague; eso é porque ter auga da traida é un “capricho”…a quen se lle ocurre ter auga da traida; e logo non poden ir o pilon ou a fonte como se facia antes? E que a xente estache moi mal acostumada, eh? Sr. Gavilanes. Seguro que vostede non tén este problema verdade? Claro, xa me esquencia: vostede non vive en Xunqueira, nin en ningunha das parroquias e aldeas que conforman o Concello; vostede vive ben apoltronado na suarecen estreada casa da capital…e asi, os veciños de Xunqueira que lles dean, nonsi? . Pois mire para o que fai por eiqui mellor seria que se quedara para sempre na capital e non voltara NUNCA MAIS por eiqui; e non lle bote a culpa a ninguen mais que non sexa da sua corda politica; esto non tén que ver coa politica, senon cos dereitos de cda persoa a ter unha vida e unha vivenda digna; para eso pagan os seus impostos,entre eles os da traida, que non é barata precisamente; quen vai pagar agora os danos a esa familia? O Concello xa se lavou as mans: “hai, eu non fun” alega, ali non habia ninguen do Concello, din tamén; pois pode decir o que queira, pero o que é seguro e que o seguro “xa vedes(redundancia) non se vai quedar cos brazos cruzados e pagará o que teña que pagar a familia siniestrada, pero despois buscará ós responsabeis é rematara por cobrar deles, e decir do Concello; perdon, non do Concello, senon de todos os que pagamos o Concello; que bonito, verdade?.
Claro como sobran os cartos no Concello, como non paga o que tén que pagar a Mancomunidade polos servizos que esta está a dar …pois dentro de pouco nin teremos recollida do lixo, nin luz nas farolas….nin nada.
Por certo, e falando de farolas: hoxe as seis e cuarto do serán con un sol resplandecente brilando por todas partes….todas as farolas do tendido municipal de Xunqueira ENCENDIDAS; asi como leedes ENCENDIDAS.
Deixadez? Ignonimia? Derroche? Crise?…nada de eso existe en Xunqueira; nada se da por enterado en Xunqueira…tan solo tirar para adiante ainda que cheguemos o abismo…e cando cheguemos eu xa sei quen se vai salvar: o Sr. Gavilanes; os demais, pois eso…que lle den.
Dspidome de vós con moi mal leite porque as cousas son asi de fodidas…ata outra veciños.
O Requeixiño