Feeds:
Artigos
Comentarios

CHAPUZAS S.A.

Non hai outra verba para catalogar o que pasa no Concello de Xunqueira. Si pensabamos que xa viramos de todo en estos mais de 30 anos que o Sr. Gavilanes é dono e señor de todo o que pasa en Xunqueira, cada día reafirmome mais na mala sorte que temos na nosa vila. E que si o queren facer peor non o conquiren…

Unha casa particular asulagada…ese foi o resultado das “chapuzas”  mentres se realizaban unhas “obras” de canalización na beira dereita da estrada da Siota, a caron mesmo da Malpe. Obra que por certo nin está autorizada, nin legalizada, sen permiso de ningun tipo, sen proxecto…todo é pouco para que vexades o que se fai dende o Concello.

De madrugada espertaron os membros de unha familia que vive en ese zoa con auga ata os nocellos…mobles, aparatos electricos, utensilios…todo estragado pola forza da presión da auga da traida (lembremos que a traida é MUNICIPAL);  e todo a pesares das advertencias dos propitarios sobre a forza da presion da auga que chegaba ata a sua casa e que non foi tida en conta en ningun intre polos “operarios” municipais. “Hai reductores” foi a resposta que lle deron…e pasou o que pasou claro: a casa asulagada.

E claro que hai reductores, eso sabemolo todos; pero o que non saben os “enterados” que traballan para o Concello é que o deber deste e o de dar a presión axeitada a todos os veciños para que non pasen estas cousas; e os reductores colocanse de tal xeito que toda a traida poda ser regulada con unha presion axeitada a todos os veciños.

Agora ninguen se da por aludido; ó final van ser os propios veciños os culpables de que a sua casa se asulague; eso é porque ter auga da traida é un “capricho”…a quen se lle ocurre ter auga da traida; e logo non poden ir o pilon ou a fonte como se facia antes? E que a xente estache moi mal acostumada, eh? Sr. Gavilanes. Seguro que vostede non tén este problema verdade? Claro, xa me esquencia: vostede non vive en Xunqueira, nin en ningunha das parroquias e aldeas que conforman o Concello; vostede vive ben apoltronado na suarecen estreada casa da capital…e asi, os veciños de Xunqueira que lles dean, nonsi? . Pois mire para o que fai por eiqui mellor seria que se quedara para sempre na capital e non voltara NUNCA MAIS  por eiqui; e non lle bote a culpa a ninguen mais que non sexa da sua corda politica; esto non tén que ver coa politica, senon cos dereitos de cda persoa a ter unha vida e unha vivenda digna; para eso pagan os seus impostos,entre eles os da traida, que non é barata precisamente; quen vai pagar agora os danos a esa familia? O Concello xa se lavou as mans: “hai, eu non fun” alega, ali non habia ninguen do Concello, din tamén; pois pode decir o que queira, pero o que é seguro e que o seguro “xa vedes(redundancia) non se vai quedar cos brazos cruzados e pagará o que teña que pagar a familia siniestrada, pero despois buscará ós responsabeis é rematara por cobrar deles, e decir do Concello; perdon, non do Concello, senon de todos os que pagamos o Concello; que bonito, verdade?.

Claro como sobran os cartos no Concello, como non paga o que tén que pagar a Mancomunidade polos servizos que esta está a dar …pois dentro de pouco nin teremos recollida do lixo, nin luz nas farolas….nin nada.

Por certo, e falando de farolas: hoxe as seis e cuarto do serán con un sol resplandecente brilando por todas partes….todas as farolas do tendido municipal de Xunqueira ENCENDIDAS; asi como leedes ENCENDIDAS.

Deixadez? Ignonimia? Derroche? Crise?…nada de eso existe en Xunqueira; nada se da por enterado en Xunqueira…tan solo tirar para adiante ainda que cheguemos o abismo…e cando cheguemos eu xa sei quen se vai salvar: o Sr. Gavilanes; os demais, pois eso…que lle den.

Dspidome de vós con moi mal leite porque as cousas son asi de fodidas…ata outra veciños.

O Requeixiño

SOMOS MAIS?

Estos días é noticia o feito de que alguns Concellos da provincia de Ourense ven medrar os seus padrons de habitantes de forma espectacular.

Cecais pensamos o leer esto que se trata de Concellos grandes, como o da capital, ou outros como Verin, O Carballiño, Barbadás, ou Xinzo. Seria loxico xa que arredor da capital e das grandes vilas é onde se move a pouca industria e servizos da provincia.

Pero non, resulta que non é asi; que o movemento de crecemento dos concellos estase a dar no medio rural; Calvos de Randin, Oimbra, Porqueira…eu moito leía por ver si en esa relación aparecia Xunqueira…pero resulta que non, que no noso Concello non se move en ese senso, e decir que seguimos igual.

Pregunto por aqui e por ali…achegome o Concello para saber si se deron de alta algunhas persoas nos ultimos meses: materia reservada; Top Secret, seica non hai información sobre ese tema…carallo canto segredo por algo que tén que ser público.

Sigo a preguntar; tanto o Psoe como o Bng estan algo mosqueados; seica o ano pasado solo se celebraron dous Plenos Municipais, cando se debian celebrar cada dous meses; é decir que de 6 Plenos Municipais ordinarios que se debian de cumplir solo houbo 2; e que non hai nada que preparar con vistas a mellorar as condicións de vida dos veciños?Non hai temas que tratar? Onde se deciden as inversións que afectan ó Concello?

A resposta, como diria o outro, esta no vento? Non a resposta está en que o Concello está a funcionar en base a “Decretomania”, é decir, decreto vai e decreto ven asinado polo Excmo. Alcalde. Asi é como entende este Señor a participación dos veciños na vida municipal. Nin tan siquera da información os grupos da oposición. Cando algún destes foi preguntar polos Decretos asinados dende fai 5 meses, responderonlle no Concello que ainda non estaban listos, que eran moitos, que non tiñan xente…e moitas mais cousas que non ven ó caso poque seria de escandalo.

En eses Decretos ben seguro que está a resposta as altas no Padron Municipal. E asi imonos encontrar que o día das eleccións municipais atopemos a xente que non se coñoce na vila disposta a votar e tendo o seu domicilio no mesmo edificio do Concello, en algunha nave de quen xa sabemos, no mesmo Cuartel vello, en algunha empresa…e incluso probable que alguen este empadroado debaixo da ponte do rio; non vos riades porque a imaxinación de alguns chega a extremos que non podedes pensar.

Asi pois, cando o Excmo. Alcalde teña a ben publicar o listado de Decretos dos ultimos meses ben seguro que imos atopar moitas sorpresas; seguro que o noso Concello vai de medrar en cincuenta ou sesenta persoas en tan solo unhos meses, para inmediatamente despois das eleccións darse de baixa no mesmo e tornar a triste realidade.

A cousa é beneficiar sempre os mesmos; e moi nerviosos deben de estar os mesmos de sempre cando se empezan a ver cousas que non concordan moito; visitas a horas intempestivas; invitacións ós viños de xente que non se leva unha con outra; paseos extranos e contos a orella…xa digo cousas raras que si poñedes un chisco de atención seguro que vos leva a preguntarvos que é o está a pasar.

Pero de eso xa falaremos mais adiante…

Saude veciños

O Requeixiño

Pois si benqueridos veciños; despois de bastante tempo sen aparecer por eiqui, coincide esta entrada caseque co remate do ano 2010; por mor de actualizacións, cambio de sistema operativo, e moitas mais cousas que non veñen ó caso, xa fai un tempo que non hai novas no blog.

E como temos que despedir ó ano, pois teromolo que facer por todo ó alto, nonsi? Asi que mañan dia 31 de decembro, esquencede todas as malas sombras, as calamidades, as afrentas i enfrontamentos e desfrutade da noite; pero desfrutade para que todos estemos ó día seguinte na casa de cadaquén, de acordo?

E que nos deixou este ano que remata? pois coido que mais do mesmo; e decir, o mesmo que ven pasando dende fai trinta anos en Xunqueira. A proposito de trinta anos: o outro día fixome gracia un titular de “La Voz de Galicia”. Viña unha foto de Rodriguez Feijoo (xa sabedes, o Presidente da Xunta de Galicia) na presentación da candidatura dos populares ó Concello de Cambre (mesmo a caron de A Coruña); e na presentación decialle Feijoo ó candidato: “cando chegues á Alcaldia non tardes 30 anos en deixala como fai ó actual Alcalde do Psoe)”….manda carallo na Havana pensei para min; o Feijoo pudolle haber dito ó Gavilanes hai dous anos ó mesmo e asi xa non houbera chegado os 30 cumplidos de Alcalde. I é que os politicos solo che saben mirar para onde mellor lles da o vento….e asi nos vai; a magoa é o tempo perdido en Xunqueira en todo estes anos.

E no 2001 toca pasar polas furnas de novo. Esta vez Eleccións Municipais. Habera sorpresas nas listas? habera listas novas? alguen se caira das listas? …pero o mais importante: peresentarase ó Gavilanes a outros catro anos de mandato? Ojalla me confunda pero todo me está a decir que vamos ter que soportalo eses catro anos mais como unha maldición que pesa sobre Xunqueira. Coido que ó unico interese está en saber por canto vai gañar esta vez. E coido tamén que non o vai ter tan doado como a derradeira vez, ainda que a oposicion acadara un tercio de representación municipal, que para o Gavilanes e Xunqueira seguro que lles parece unha barabaridade; pero levará de novo o Gavilanes os mesmos integrantes na lista, haberá rebelion na granxa? as cuitas e noxos entre os compoñentes da lista popular vai facer que alguns deban abandonar o barco? Quen está mellor aupado neste intre?….tempo ó tempo.

I entre a oposición? Presentaranse os mesmos cabezas de cartel? Polo BNG parece que non hai dubida ningunha en que o Guitos repita de novo; e parece ser que queren dar o salto ata dous ou incluso tres concelleiros; cecais onde teñen a espiña sexa na Zona Cero ( é decir A Limia) xa que ali todo o mundo sabe que é Territorio gavilanes, pero din que a sua introducción na parroquia natal do Gavilanes podelle dar mais de un disgusto a este e ter que botar toda a carne no asador na zona Limiana.

En canto o Psoe, pouco se sabe por onde van os tiros; magoa de catro anos de representación popular e dous concelleiros; coido que con ese bagaxe podia haber feito moito mais do que se fixo polo cal non seria de estranar un intertroco de posicións entre o Psoe e o Bng, pasando este ultimo por enriba dos socialistas.

Xa sei, e cambiando de tema, que teño moi abandonado o mundo do Futbol e o Xunqueira en concreto; nestes intres o noso equipo está situado en terceira posición a seis puntos do Maceda. De este tema cecais o mais seguro é que unha paxina allea por completo a este blog, se faga cargo, non xa da información relacionada co Xunqueira senon do deporte en xeral; en canto a paxina este preparada xa se daran as indicacións para seguila.

E xa para rematar algo que me chama a atención: primeiro tirarono, e agora levantano. Si, tratase do muro do Bosque, aquel que o Alcalde tirou polas boas, a pesar de todos os avisos que se lle deron, e que agora  a Xunta e Patrimonio ordea erguer de novo. Asi amosase a que viñan as presas en botar abaixo ese muro ancestral do seculo XVI, que non éra outra cousa que o interese persoal do Alcalde e algun mais en facer negocio coa finca do Bosque….e miran que llo teñen dito: “A finca do Bosque non se vende…ó Gavilanes”.

Ben queridos amigos e veciños, solo me queda despedirme por este ano, son sen antes agradecer todas as mostras  de interese pola vosa parte en canto da paxina; sei que non a todos lles gosta o que aqui se escribe, pero tamén sabedes que tedes a porta aberta para expresarvos como mellor decidades. FELIZ ANO 2011

O Requeixiño

Despois da ultima xornada celebrada o pasado domingo, o menos que se pode decir é que todo sigue igual.

Non é que o equipo de sintomas de flaqueza nin moito menos; pero o alto ritmo da competicion, loitando polos primeiros lugares da taboa, fai que de vez en cando o Xunqueira se tome un respiro.

Foi o que pasou no encontro contra o Allariz B. Non foi un bon partido, pero o importante foi a victoria acadada, o que fai que o equipo siga na terceira posición da taboa clasificatoria, igual que na derradeira xornada, xa que tanto Maceda como Monterrei acadaron senllas victorias tamén.

O que si está claro é que os siareiros do Xunqueira estan a medrar partido a partido. En este ultimo houbo unha grande entrada, xa que deronse cita no campo das Berlangas unhos 140 seguidores que animaron durante todo o encontro o equipo local.

1-0

Chepas saca unha falta; centra á area, o porteiro ziralleiro sae en falso e sen que ninguen mais toque o balón, este entra na porteria visitante. Cantada clamorosa do porteiro visitante digna de “Videos de Primeira”.

A clave do partido estivo no minuto 20 da primeira parte, cando Luis Mª tivo que sair fora da súa área para facer falta sobre o atacante alarican para evitar o tanto visitante; foi expulsado, pero a súa acción evito o tanto do empate.

Foi sustituido por Ion, que convertiriase no mellor do equipo no encontro, xa que as súas intervención en catro ou cinco ocasións evitaron que o Xunqueira saira derrotado en este partido.

Anxo  e Marcos tiveron que sair do campo e ser sustituidos xa que se lesionaron; Aitor Cid foi expulsado, xunto co dorsal 5 do Allariz, por chegar ambo-los dous tarde a un balón. Asi, para o vindeiro encontro, o mister do equipo cecais teña dificultades para confeccionar un once axeitado a estas alturas da competición; pero confiamos no equipo, no adestrador e nos xogadores para que o fagan o mellor posible.

O Crack das Berlangas

AO REVES

Pois si, esto é o que vemos colgado do mastil da Casa do Concello….a bandeira de Galicia o reves. Cecais digan algúns que é detalle de tiquismiquis, que a cousa non é tan importante; cecais sexa asi, pero tamén pode indicar que todo no noso Concello vai e faise o reves.

Que diriades si vedes unha bandeira española con duas franxas amarelas e unha vermella no medio? Alguns nacionalistas españois botarian as mans a cabeza, nonsi? Eu non as boto dese xeito, pero coido que os simbolos son eso, simbolos, e polos menos hainos que respetar. Si vemos este mapa asi

que diriamos? Algo falla no asunto, non? Pois no caso da bandeira galega pasa o mesmo.

E sintomatico o pouco respeto que o Sr. Alcalde amosa polo noso Concello. Sendo o representante maximo da institución que el preside, que menos que ter coidado nos detalles que nos representan?

Pero tamén é sintomatico de moitas outras cousas que pasan e ocurren en Xunqueira. A deixadez manifesta en todos os aspectos, deixando que o noso Concello vaia esmorecendo e morrendo. Que fixo polo proxecto presentado polo concelleiro do BNG respecto a reconversión do vello Cuartel da Garda Civil en Centro de Dia para a Terceira Idade? Un proxecto xa aprobado polo anterior Goberno Galego e hoxe aparcado en un caixon da Conselleira de Benestar Social;  cando o mesmo concelleiro do BNG lle preguntou a Conselleira nunha visita que fixo os Milagres, dita Conselleira lle remiteu a sua Directora Xeral, e esta o maximo que fixo foi poñer cara de poker e mirar para outro lado. Cantas veces preguntou o Sr. Alcalde por este proxecto na Conselleria? Acaso agora non goberna un “amigo” que ben lle podia botar unha man? Ou é algo que como ó Sr. Alcalde non vai ter necesidade de usar non lle preocupa?

Xa sabemos que o seu nivel de vida é tan alto que para el estas cousas son do monton; pero ojalla non necesite el na sua vellez un Centro de Dia, ou un Fogar de Maiores ou unha Residencia Xeriatrica onde pase os seus derradeiros dias de vida. Ojalla non lle faga falta, pero a soberbia é moi mala compaña.

A el solo lle importa facer negocios a conta do Concello. Que lle dan unha subvención para unha pista….quen fai a pista é unha empresa sua. Que veñen cartos para alumeado, xa sera unha empresa sua a que dea luz; e asi todo.

Por certo, unha pregunta que me ven agora de supeto e que poiden dar fé de que é certo: porque dende o Concello se nos cobra os veciños polo recibo do lixo, e despois o Concello non lle paga a Mancomunidade o que lle corresponde? Xa leva non sei cantos anos facendo o mesmo; os cartos que recauda das taxas son para o que son, para eso os veciños pagamos ( que por certo xa lle chega de carallo); en calquer momento a Mancomunidade vai deixar de recoller o lixo porque o Concello NON PAGA  e asi os veciños estamos a pagar por un servizo que en calquer intre deixa de ser prestado, e enton si que nos botaremos as maos a cabeza…en vez de botarnos contra o Sr. Alcalde; seguro que inventa algo para calar as protestas, pero xa o avisamos, despois non vos queixedes.

E para pechar esta pequena cronica comentar que o noso equipo de futbol na 2ª Preferente sigue coa boa racha a pesares da derrota de fai dez dias contra o Maceda. O pasado domingo derrotou a domicilio ó Entrimo por 1-2 e sigue mantendo a terceira posición na taboa clasificatoria a tan só 3 puntos do lider, o Maceda; pero seguro que este pincha en calquer intre e poderemos inzar ata o mais alto da taboa. O noso corrsponsal “O Crack das Berlangas” non poido asistir o encontro polo mal tempo e a distancia que hai ata Entrimo, pero seguro que nos envia a sua cronica do partido do vindeiro domingo que enfrontara o noso equipo contra o Allariz B no campo local. Ben de seguro que nos contará unha nova victoria do Xunqueira.

Ata outra veciños

O Requeixiño

NON PUDO SER…

A sorte non se aliñou co Xunqueira no partido celebrado onte polo serán no campo das Berlangas. A pesar do claro dominio do noso equipo na primeira parte, onde se adiantou ao Maceda, o Xunqueira non pudo manter o primeiro posto da taboa clasificatoria, xa que o equipo macedano impuxose no tempo de desconto despois de acadar empatar tamén no desconto do primeiro tempo.

O Xunqueira alineou o seguinte equipo:

Luis Mª, Iosu,Gavilanes,Puga, Marcos Sampedro,Pedro, D. Borrajo, Alex, Anxo e Bara.

1-0. Anxo ampalma un remate dende fora da area que entrou pola escadra dereita do Maceda. Golazo.Era o minuto 33 do primeiro tempo.

1-1. Contra do Maceda que sorprendeu o equipo xunqueiran e ainda que Luis Mª fixo unha boa saida, meteronno por baixo. Minuto 46.

2-1. Transcurria un minuto da prolongación para que rematara o encontro cando o Maceda saca un corner, houbo varios rexeites de Luis Mª e da defensa e o final o número 8 dos macedanos empurrou o balon as mallas.

Incidencias

Caseque cen persoas deronse cita no campo do Xunqueira en un moi bon ambiente nas bancadas. O Xunqueira foi animado o longo de todo o partido.A primeira parte foi de claro dominio local, e incluso poido sentenciar o encontro; pero a segunda metade o Maceda dominou ampliamente.

O adestreador local, Richard volveu ser expulsado por doble carton amarelo.

Despois de este resultado o Xunqueira situase en terceira posición da taboa, xa que o Monterrei gañou o seu partido e agora aventaxa ao Xunqueira en un punto. O Maceda é o novo lider con tres puntos de ventaxa sobre o Xunqueira.

Nembargantes este tropezo, o equipo de Xunqueira mantén intactas todas as aspiracions. Foi so un tropezo que se pode endereitar nos vindeiros encontros si segue a xogar como está a facer nos ultimos encontros.

O Crack das Berlangas

ARRIBA DE TODO

Aqui está. Xa estamos na primeira posición da taboa. O memorable triunfo acadado no campo de A Manchica por 0-2 a favor do Xunqueira converte ó noso equipo en lider da sua categoria.

Magoa que o noso colaborador “O Crack das Berlangas” non poidera desplazarse ata A Manchica para dar fé da cronica desta semana, asi que si algún de vos pode dar algunha pista de como foi opartido, ou os autores dos goles, ou algunha cousa que pague a pena,xa sabe que pode facelo tranquilamente co seu comentario.

E Agora xa a preparar o inminente encontro contra outro “galiño” da categoria; en este caso contra o Maceda, que ben de seguro que virá acompañado de unha boa chea de siareiros ata o Campo das Berlangas; pero si o noso equipo segue a xogar como o está afacer nas ultimas xornadas non hai que temer por un bo resultado, asi que todos aanimar o equipo, sempre con el…e darlle unha boa ración de bon xogo, e sobretodo de bon resultado; asi o esperamos contar a vindeira xornada.

¡¡ANIMO E PARA MAIS ARRIBA XUNQUEIRA!!