Pois si, esto é o que vemos colgado do mastil da Casa do Concello….a bandeira de Galicia o reves. Cecais digan algúns que é detalle de tiquismiquis, que a cousa non é tan importante; cecais sexa asi, pero tamén pode indicar que todo no noso Concello vai e faise o reves.
Que diriades si vedes unha bandeira española con duas franxas amarelas e unha vermella no medio? Alguns nacionalistas españois botarian as mans a cabeza, nonsi? Eu non as boto dese xeito, pero coido que os simbolos son eso, simbolos, e polos menos hainos que respetar. Si vemos este mapa asi
que diriamos? Algo falla no asunto, non? Pois no caso da bandeira galega pasa o mesmo.
E sintomatico o pouco respeto que o Sr. Alcalde amosa polo noso Concello. Sendo o representante maximo da institución que el preside, que menos que ter coidado nos detalles que nos representan?
Pero tamén é sintomatico de moitas outras cousas que pasan e ocurren en Xunqueira. A deixadez manifesta en todos os aspectos, deixando que o noso Concello vaia esmorecendo e morrendo. Que fixo polo proxecto presentado polo concelleiro do BNG respecto a reconversión do vello Cuartel da Garda Civil en Centro de Dia para a Terceira Idade? Un proxecto xa aprobado polo anterior Goberno Galego e hoxe aparcado en un caixon da Conselleira de Benestar Social; cando o mesmo concelleiro do BNG lle preguntou a Conselleira nunha visita que fixo os Milagres, dita Conselleira lle remiteu a sua Directora Xeral, e esta o maximo que fixo foi poñer cara de poker e mirar para outro lado. Cantas veces preguntou o Sr. Alcalde por este proxecto na Conselleria? Acaso agora non goberna un “amigo” que ben lle podia botar unha man? Ou é algo que como ó Sr. Alcalde non vai ter necesidade de usar non lle preocupa?
Xa sabemos que o seu nivel de vida é tan alto que para el estas cousas son do monton; pero ojalla non necesite el na sua vellez un Centro de Dia, ou un Fogar de Maiores ou unha Residencia Xeriatrica onde pase os seus derradeiros dias de vida. Ojalla non lle faga falta, pero a soberbia é moi mala compaña.
A el solo lle importa facer negocios a conta do Concello. Que lle dan unha subvención para unha pista….quen fai a pista é unha empresa sua. Que veñen cartos para alumeado, xa sera unha empresa sua a que dea luz; e asi todo.
Por certo, unha pregunta que me ven agora de supeto e que poiden dar fé de que é certo: porque dende o Concello se nos cobra os veciños polo recibo do lixo, e despois o Concello non lle paga a Mancomunidade o que lle corresponde? Xa leva non sei cantos anos facendo o mesmo; os cartos que recauda das taxas son para o que son, para eso os veciños pagamos ( que por certo xa lle chega de carallo); en calquer momento a Mancomunidade vai deixar de recoller o lixo porque o Concello NON PAGA e asi os veciños estamos a pagar por un servizo que en calquer intre deixa de ser prestado, e enton si que nos botaremos as maos a cabeza…en vez de botarnos contra o Sr. Alcalde; seguro que inventa algo para calar as protestas, pero xa o avisamos, despois non vos queixedes.
E para pechar esta pequena cronica comentar que o noso equipo de futbol na 2ª Preferente sigue coa boa racha a pesares da derrota de fai dez dias contra o Maceda. O pasado domingo derrotou a domicilio ó Entrimo por 1-2 e sigue mantendo a terceira posición na taboa clasificatoria a tan só 3 puntos do lider, o Maceda; pero seguro que este pincha en calquer intre e poderemos inzar ata o mais alto da taboa. O noso corrsponsal “O Crack das Berlangas” non poido asistir o encontro polo mal tempo e a distancia que hai ata Entrimo, pero seguro que nos envia a sua cronica do partido do vindeiro domingo que enfrontara o noso equipo contra o Allariz B no campo local. Ben de seguro que nos contará unha nova victoria do Xunqueira.
Ata outra veciños
O Requeixiño
Deixar un comentario